mércores, 22 de abril de 2020

Circular Informativa


Estimadas familias!!
Ante todo,o noso agradecemento pola vosa colaboración e adicación durante este confinamento no desenvolvemento das diferentes actividades e tarefas que enviamos cada un de nós, os Mestres/as, aos vosos fillos e fillas.
Entre as orientación provisionais do 17de abril que nos enviou a Consellería de Educación para o desenvolvemento do 3º trimestre deste curso 2019-2020 á espera de que sexa publicada una Orde Ministerial queremos comunicarvos os seguintes puntos:
Continuidade do calendario escolar
Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua.
As actividades lectivas non se estenderán más alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño (rematarán o día 19 de xuño)
Titorías
Mantéñense as titorías coas familias utilizando as canles de comunicación establecidas por cada titor/a.
Avaliación
A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.
A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

Unha aperta 

O Equipo Directivo do CEIP Canicouva 

Ningún comentario:

Publicar un comentario