xoves, 30 de abril de 2020

Aviso ás familias


Estimadas familias ;

Lembrámosvos que maña día 1 de maio é festivo ,e que o vindeiro luns día 4 de maio e día non lectivo no noso centro ( aprobado por Claustro e Consello Escolar ). 
Retomaremos a  actividade o martes día 5 de maio . 



Un saúdo 

Equipo Directivo 




mércores, 22 de abril de 2020

Circular Informativa


Estimadas familias!!
Ante todo,o noso agradecemento pola vosa colaboración e adicación durante este confinamento no desenvolvemento das diferentes actividades e tarefas que enviamos cada un de nós, os Mestres/as, aos vosos fillos e fillas.
Entre as orientación provisionais do 17de abril que nos enviou a Consellería de Educación para o desenvolvemento do 3º trimestre deste curso 2019-2020 á espera de que sexa publicada una Orde Ministerial queremos comunicarvos os seguintes puntos:
Continuidade do calendario escolar
Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua.
As actividades lectivas non se estenderán más alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño (rematarán o día 19 de xuño)
Titorías
Mantéñense as titorías coas familias utilizando as canles de comunicación establecidas por cada titor/a.
Avaliación
A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.
A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

Unha aperta 

O Equipo Directivo do CEIP Canicouva 

luns, 20 de abril de 2020

Correo Departamento de Orientación



A partir de hoxe tedes a vosa disposición un correo para poñervos en contacto co DEPARTAMENTO de ORIENTACIÓN do CEIP Canicouva . 

Aquí vos deixo a dirección : do.canicouva@gmail.com 

Non dubides en utilizalo . 


venres, 17 de abril de 2020

Aviso de la profesora de inglés de 1º, 2º y 3º


Instrucciones para acceder a English Classroom los alumnos de 1º, 2º y 3º de Ed. Primaria. Click

Proposta para o día do Libro 2020

Aínda que non poidamos celebrar o Día do Libro todos xunt@s coma nos gustaría, o Equipo de Biblioteca fainos chegar a súa proposta para  participar nunha actividade colectiva para facer unha celebración do Día do Libro incluso neste momento de carácter excepcional 

Aquí vos deixo o enlace ao blogue da Biblioteca para que vos informedes. 

Animádevos a participar ! 



mércores, 15 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

De volta

Ola a tod@s

Esperamos que tod@s estean ben.


Queremos recordarlles que se alguén non descargou todavía Abalarmobil, pode facelo seguindo as instrucións que lles deixamos de novo máis abaixo. Se o problema é o nº de teléfono, lembren que poden enviar un correo ao centro: ceip.canicouva@edu.xunta.es, como xa lles indicamos antes do período de Semana Santa, donde deben comunicar o nome do alumno e o nº de teléfono ou teléfonos que queren asociar e a que proxenitor lle corresponde.

INFORMACIÓN -----GUÍA (Abalar)

Tamén poden descargar a aplicación Tokapp (falar coa ANPA), xa que podería ser un posible medio de comunicación coas familias además da aplicación ABALAR MOBIL. 


venres, 3 de abril de 2020

SEMANA SANTA


Lembren que hoxe a partir das 14:00 horas poden descargar a través da aplicación Abalarmobil as notas dos seus fill@s.

Volveremos a estar en contacto, aínda que de forma virtual polo momento, a partir do 14 de abril.


Desexámoslles todo o mellor e moito ánimo


O Equipo directivo