venres, 20 de decembro de 2019

Vémonos en Xaneiro

Rematamos hoxe as clases por todo o alto co
 festival de Nadal . 
Esperámosvos o día 8 de xaneiro para comezar 
xuntos un novo ano . 


mércores, 16 de outubro de 2019

Samaín 2019


 

SAMAÍN 2019

Estimadas familias:

Este ano, con motivo do festexo do Samaín no centro, faremos unha exposición de “SOMBREIROS MONSTRUOSOS”. O alumnado que queira participar traerá , con data límite o mércores 23 de outubro, un sombreiro  realizado polos nenos/as con materiais diversos, decorados con motivos típicos desta festividade.

O día 30 de outubro os nenos/as poderán vir disfrazados ao centro ( sen tapar a cara) xa que celebraremos a festividade do Samaín nas aulas a partir das 12h da mañá.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Equipo Directivo

xoves, 12 de setembro de 2019

Circular nº 1 - curso 2019-20



Onte , día 11 de setembro entregóuselles ás familias 
 a primeira circular deste curso.
Aquí vos deixamos o enlace
O equipo directivo

mércores, 11 de setembro de 2019

BENVID@ AO CURSO 2019 - 2020


Hoxe 11 de setembro de 2019 queremos darvos a benvida a un novo Curso Escolar. Este ano imos contar cunha nova instalación no noso centro, xa que o Concello de Vigo construiu un gran patio cuberto que nos vai permitir facer moitas actividades durante todo o curso e tamén poder disfrutar dun rato de recreo aínda que chova.


BENVID@S







martes, 27 de agosto de 2019

REUNIÓNS ED. INFANTIL

As datas para as reunións de pais/nais  dos alumnos de Ed. Infantil cos  Mestres son as seguintes:

      Mércores día 4 de setembro ás 11:00 hs: Alumnado de tres anos (4º Infantil).
 
 Xoves día 5 de setembro ás 11:00 hs: Alumnado de catro anos (5º Infantil).
 
 Xoves día 5 de setembro ás 11:30 hs: Alumnado de cinco anos (6º Infantil).
 
 
Lembren que as clases  comenzan, para todo o alumnado, o mércores 11 de setembro

luns, 8 de xullo de 2019

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS 2019 /20





Imagen relacionada


Hoxe 8 de xullo de 2019 quedan publicadas as listaxes definitivas do FONDO LIBROS (3º a 6º de Primaria)

Estas listas son as que terán vixencia  para o curso 2019/2020.

Os libros entregaranse aos alumn@s  a partir do día 11 de setembro nas respectivas titorías.



 LISTA



mércores, 3 de xullo de 2019

LISTAS FONDO LIBROS

Imagen relacionada
Xa poden comprobar nas seguintes listas as concesións de Fondo Libros (de 3º a 6º de Primaria) e vales para libros (1º e 2º de Primaria) e material (1º a 6º de Primaria)
 
Os vales poden recollerse na Secretaría do centro os días 4, 5 e 8 de xullo pola mañá. Os que non os puideran recoller nesas datas, poderanno facer en setembro.
 
Reclamacións ás listaxes provisionais ata o venres 5 de xullo.
 
O luns 8 de xullo publicaranse as listas definitivas.


 
 

AXUDAS MUNICIPAIS COMEDOR E MATERIAL ESCOLAR

 
Poden ver aquí a información sobre as AXUDAS MUNICIPAIS.