mércores, 16 de outubro de 2019

Samaín 2019


 

SAMAÍN 2019

Estimadas familias:

Este ano, con motivo do festexo do Samaín no centro, faremos unha exposición de “SOMBREIROS MONSTRUOSOS”. O alumnado que queira participar traerá , con data límite o mércores 23 de outubro, un sombreiro  realizado polos nenos/as con materiais diversos, decorados con motivos típicos desta festividade.

O día 30 de outubro os nenos/as poderán vir disfrazados ao centro ( sen tapar a cara) xa que celebraremos a festividade do Samaín nas aulas a partir das 12h da mañá.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Equipo Directivo