venres, 31 de xaneiro de 2020

MATRÍCULA 2020 -2021

RESERVA DE PRAZA NO IES SANTA IRENE PARA OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA




O impreso que se lle entregou hoxe aos alumnos de sexto terá que ser entregado, ben cuberto e asinado, no centro antes do día 15 de febreiro  para que lles sexa reservada a ditos alumnos praza para o próximo curso 2020 – 2021 no Instituto Santa Irene para cursar 1º de Secundaria.
De non entregalo, non se lles reservará praza e terán que buscar centro educativo para o próximo curso durante o Periodo de Solicitude de Admisión que será do 1 ao 20 de marzo.

O Equipo directivo




luns, 20 de xaneiro de 2020

Proxecto Anual de Centro



Como cada ano, dende a Biblioteca propoñemos un proxecto didáctico, que se  desenvolve ao longo de todo o curso.
Este ano, o noso proxecto, é “A saúde vexetal”, coincidindo co tema proposto pola  ONU para ser o Ano Internacional.

A agricultura no seu conxunto, as pragas, pesticidas, animais que combaten as pragas…de cómo a agricultura e a gandería son ao tempo víctimas e cómplices do cambio climático.
 En fin, propoñémonos facer que o noso alumnado tome conciencia  da importancia da agricultura, de como repercute na nosa vida, na nosa saúde e no Planeta.
Deste xeito, moitas das actividades, que xa comezamos a realizar no cole, xiran ao redor do noso tema. Festivais ( Nadal, Entroido, etc.), efemérides e outras actividades teñen como protagonista “ A Saúde vexetal

xoves, 16 de xaneiro de 2020

NAVEGANDO POLO UNIVERSO



            Os vindeiros días 22, 23 e 24 de Xaneiro imos ter no centro  a actividade 
“NAVEGANDO POR EL UNIVERSO”.
            Todos os nen@s do centro van participar nunha sesión de 50 minutos  no planetario móbil .