ACTIVIDADES PARA ED. INFANTIL


Estimadas familias;
A partir de hoxe, 14 de abril , os nenos e nenas de Educación Infantil teñen un novo  blogue para seguir coas actividades que lles van propoñendo as súas mestras.
Aquí vos deixo o enlace, aínda que o tedes tamén na marxe dereita xunto ao demáis blogues do centro. 

https://infantilcanicouva.blogspot.com/





************************************************************************************************************************************


CÓNTAME UN CONTO!!!


Gustáronvos as manualidades?

Non fagades todo nun día. Hai que descansar e disfrutar da compañía da Familia. Xa sabemos que costa estar sempre metidiños na casa pero tedes que pensar, que cada día que pasa, é un día menos que falta para poder sair e ir a todos esos sitios que vos gustan.
-Que vos parece se compartimos con vós, algúns contos moi chulos??

-Poiiiis, Feito!!!

LEOTOLDA

El topo que queria saber quien se había hecho aquello en su cabeza

INÉS DEL REVÉS


EL SEÑOR CUADRADO Y SUS AMIGOS


LA NIÑA DEL PARCHE

************************************************************************************************************************************



UNHA DE COELLOS E OVOS DE PASCUA

Ola peques!!
Quen fixo mellor a asemblea, mamá, papá,o teu irmán, a túa irmá...ou tí???
Seguro que non vos olvidastes de facer un pouco de exercicio e estades moi, pero que moi en forma.

Como estamos moi preto da celebración da Pascua, as mestras de Infantil, propoñémosvos unhas manualidades de coelliños e ovos de Pascua para facer toda a familia.Agardamos que vos resulten divertidas.  





         Ata pronto !!!



                                                                                                                                                                                                                                                                  

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

APRENDER É DIVERTIDO


Ola !! nenos e nenas de Infantil.
Cómo estades? As vosas mestras e mestres de Infantil do Canicouva votámosvos de menos. Xa sabemos que non é fácil estar todos os días metidiños na casa, pero debemos facelo para que poidamos volver a estar cos nosos amiguiños do cole o antes posible.
Seguro que facedes un montón de cousas coas vosas familias. Continuamente estamos enviando actividades que podedes elexir, para que non deixedes de aprender ao mesmo tempo que vos divertides.
Queremos invitarvos a xogar con..

'APRENDE A DELETREAR Y ESCRIBIR', é xenial!! Click

 Un biquiño moi forte e ata pronto


Profesorado de Infantil
---------------------------------------------------------------------------------------------
Deixámosvos aquí  o vídeo Monstruo de colores (Coronavirus) donde vos explica de forma gráfica e para vós como hai que actuar frente a este virus.





DURANTE ESTA CUARENTENA...


Durante esta cuarentena os nenos/as acusan a falta de rutinas que lles permiten saber o que vai a ocorrer e lles axuda a estar mais tranquilos. Por iso sería interesante establecer, na medida do que cabe, unha serie de rutinas diarias e adicarlle algo de tempo tamén a traballar aspectos académicos.

Aquí presentamos unha proposta de xornada con flexibilidade horaria:

Asemblea:

- Saúdo: cantamos algunha canción (“Buenos días canto yo...”, “Son 7 días a la semana...”, “Bos días”...ou calquera que saiban os nenos/as, vós ou busquedes nas redes).
- Pasamos lista: comprobamos que membros/as da familia estamos en casa e cales non, recordamos os nomes dos compañeiros/as e dos profesores do cole.
- Calendario (se non temos podemos elaborar un nun folio) : nel marcamos cada día , sinalamos os días importantes para a familia, traballamos onte – hoxe – mañá, traballamos a serie numérica, anterior/ posterior, contamos para adiante e para atrás...
- Planificación de tarefas: decidimos que tarefas imos a levar a cabo en cada xornada e explicamos en que van a consistir e como as imos levar a cabo.

Traballamos un chisco:

Cada día podemos traballar unha materia (lóxica-matemática, lectoescritura, grafomotricidade...) e para iso podemos tirar dos recursos colgados na web do cole no apartado de Infantil “Novas Canicouva” (https://novascanicouva.blogspot.com/p/actividades-para-ed-infantil.html). Algunhas actividades se poden imprimir, outras se poden facer online, outras manipulativamente...

Hora de ler:
Sos ou en compañía. Poden ler eles aos maiores. Inventar
historias. Contar un conto a modo de teatro. Facer un 
debuxo posterior á lectura. Extraer un resumo...
Escoitar ou ver contos online

Plástica:

Crear, imaxinar, inventar, debuxar, pintar, rasgar, recortar, pegar, picar, trocear, estampar, insertar, amasar, papiroflexia... No apartado de Novas do Canicouva da web do Canicouva tedes algunhas suxerencias.

A xogar!!!

-Xogar de xeito libre e tamén en familia. 
-Xogos sedentarios: 
-Xogos de mesa como a oca, o parchís, o bingo, o dominó, as cartas, os quebracabezas… -Xogos orais como o “Vexo vexo”, “Conto encadeado”, trátase de comezar un conto e continualo entre varios. Cambiarlle o final aos contos clásicos. Ordenar escenas ou momentos acontecidos durante o día (Exemplo: pola mañá erguémonos e almorzamos, despois marchamos a…). Gardar a voz no peto e recitar ou cantar esaxerando moito o movemento dos beizos. 
-Xogos de movemento:
Podemos xogar a xogos tradicionais: o pano por detrás, pés quedos, pita cega, carreira de chapas, a roda... 
-Xogo simbólico imitando os roles dentro dos membros da familia, por exemplo.
Facer representacións teatrais, mímica, espectáculos de maxia… 
-Xogar a disfrazarse, pintarse a cara a un mesmo e aos demais. 
-Xogos manipulativos, de equilibrio, por parellas...
-Facer breves circuitos na casa tirando do mobiliario doméstico, bailar, crear coreografías, facer zumba e finalizar con ioga ou outro tipo de relaxación. Podedes atopar algúns recursos no apartado de Infantil e tamén no blogue de psicomotricidade do profesor Moisés (http://oprofemoises.blogspot.com/).

ADEMAIS... durante estes días temos tempo para.....

Traballar a nosa autonomía
-Colaborar na súa hixiene persoal no momento de lavala cara, as mans, cepillado de dentes, baño ou ducha...
-Ir sós ao wc e aprender ou reforzar a posterior hixiene de xeito autónomo. Tirar da cadea...
-Soarse correctamente. Esbirrar ou tusir no modo do superheroe “Batman”. Posterior lavado concienciudo das mans.
-Colaborar na limpeza da casa e contribuir no orde da mesma recollendo.
-Vestirse e desvestirse sos.
-Poñer e recoller a mesa.
-Axudar a preparar o almorzo, a comida ou a cea.
-Axudar a facer a cama.
-Colocar a roupa no armario.
-Levar a roupa usada ao cesto da roupa sucia.
-Axudar a poñer a lavadora, a tender e recoller e dobrar.
-Regar as plantas. 

Para cociñar e experimentar
Facer alguhna receita sinxela e divertida entre todos/as, xa sexa de cociña como de ciencia. Seguir o orde dos pasos indicados, lavar, pelar, manipular, calcular, pesar, observar os estados da materia, facer trasvases… Decorar dun xeito persoal e creativo. Contrastar o resultado coa hipótese inicial. Aprender dos acertos e dos erros. Tedes a vosa disposición na web do cole receitas e experimentos.

Para falar
Falarlles moito e de temas variados, explicarlles a situación na que nos atopamos pero que non se convirta nun monotema. O conto “Rosa contra el virus” (colgado no apartado de E. Infantil) podería axudarnos a explicarlle en que consiste o coronavirus. Gústalles ter información pero non precisan coñecer determinados datos nin ver algunhas das imaxes que mostran os informativos. Aproveitar tamén para falar doutro tipo de intereses e preocupacións que forman parte do seu día a día e que agora se poden tratar con calma e tranquilidade.

Para facer un bo uso das Tic
Durante a mañá os nenos/as gozan de máis enerxía polo que o ideal sería aproveitar estas horas para facer actividades que requiren una maior atención. Pola tarde, cando se atopan máis cansos e aburridos, sería o momento máis adecuado pero sempre con moderación. Contades con diferentes recursos dispoñibles na web.

______________________________________________________

Para acceder a los libros de Ed. Infantil



Iniciar sesión en Edelvives digital
Registrarse con un correo
Meter uno de estos códigos según sea de infantil de las aulas 3,4 o 5 años

Los códigos son los siguientes:

             ENCASA_INFANTIL3A

             ENCASA_INFANTIL4A

             ENCASA_INFANTIL5A

Aparecen recursos varios de matemáticas, grafo, lógica, cuentos,lectoescritura....para trabajar en el ordenador sin descargar


_________________________________________________________________________________


MÁS ACTIVIDADES:

Ø  CONTOS

ROSA CONTRA EL VIRUS
PARA COLOREAR: Misión quedarse en casa
CUENTOS INFANTILES DISNEY
EL JUEGO DE LOS CUENTOS
CHIQUIPEDIA: cuentos infantiles para niños y niñas https://www.chiquipedia.com/cuentos-infantiles-cortos/
MILCUENTOS


MUCHOS CUENTOS
AUDIO CONTOS EN GALEGO: A vaca que puxo un ovo, Cocorico, A mosca chosca, Mariluz avestruz...










TIBAO
JUEGA Y PONTE A PRUEBA

JUEDULAND


JUEGOS EDUCATIVOS ARCOIRIS

SÉSAMO

SUPERSABER

O MUNDO DE FANTASMÍN


ü INGLÉS
CAMBRIDGE  EN CASA



ü MÚSICA
MARÍA FUMAÇA
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
MÚSICA EDUCA
APRENDO MÚSICA https://aprendomusica.com/
________________________________________________________________________________

Ningún comentario:

Publicar un comentario