martes, 26 de maio de 2020

Alumnado admitido Curso 2020 - 2021

Unha vez rematado o prazo de solicitude de praza para o próximo curso 2020 - 2021, para  comprobar as listas de todo o alumnado que solicitou praza e resultou admitido, as familias poderán ter información na secretaría do colexio , cumprindo coa normativa oficial en materia de protección de datos, as listas non se publicarán na Web do centro nin no taboleiro de anuncios.

martes, 19 de maio de 2020

Axuda Fondo Libros e Material Escolar 2020


Establécese o prazo para presentación da solicitude para : 
  • Fondo Libros 3º, 4º, 5º e 6º EP . 
  • Vale Material Escolar de 1º EP  a 6ºEP . 
  • Axudas para a adquisición de Libros de texto de 1º e 2º EP . 

Prazo Solicitudes 
Comezo o mércores 20 de maio 
ata o 19 de xuño de 2020.

Ante a actual situación preferiblemente presentar as solicitudes a través da aplicación FONDO LIBROS ( Para presentación electrónica, prema na opción "Cidadán" no menú da esquerda da pantalla ) ou escaneada á dirección de correo do centro ceip.canicouva@edu.xunta.es . 
A solicitude virá acompañada da fotocopia do Libro de Familia, e en caso de separación ou divorcio  deberán presentar ademáis  copia da sentenza xudicial e/ou convenio regulador donde conste a atribución da  custodia d@  menor.
Calquera persoa que acceda ao centro debe vir provista de mascarilla, pantalla ou calquera outro sistema de protección  e gardar a distancia mínima de seguridade . 
Atenderase por ventanilla de secretaría, non se poderá acceder a ningunha outra dependencia Para presentación presencial: utilice os Anexos I e II da Orde de convocatoria ) 



xoves, 7 de maio de 2020

Prazo de presentación de solicitudes de admisión curso 2020-2021

septiembre | 2019 | IES San Sebastián de La Gomera



RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 



Según o publicado na RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020 da Secretaria Xeral da Consellería de Presidencia , Administracións Públicas e Xustiza, acórdase o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil , educación primaria , educación secundaria e bacharelato en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2020-2021 .



Presentación de solicitudes
 dende o 11 ao 18 de maio ,
 ámbolos dous inclusive. 


En horario de 9:00 h a 14:00 h . 

O Equipo Directivo