luns, 30 de marzo de 2020

ABALAR MÓBIL



Estimadas familias ;
ASUNTO : ABALARMÓBIL 
Os pais/nais que non teñan AbalarMóbil poden descargalo no seu dispositivo.
Se non lles acepta o seu número de teléfono , poden enviar un correo electrónico (antes do día 3 de abril de 2020) ao correo do colexio ceip.canicouva@edu.xunta.es cos seguintes datos:
  • Nome do alumn@ ou alumn@s
  • Nome do pai co seu nº de móbil e/ou o nome da nai co seu nº de móbil para que lles sexa asociado a cada un o seu.
A aplicación ABALARMÓBIL é imprescindible para acceder ao boletín de notas do 2º trimestre.

INFORMACIÓN -----GUÍA

O Equipo Directivo



venres, 27 de marzo de 2020

Comunicación ás familias


Estimadas familias:

O Equipo Directivo e todos os membros do Claustro do noso Centro sabemos que non é fácil adaptarse a esta situación de confinamento nas nosas vivendas que tivo que ser alongada no tempo.
Se queremos que esto pase, TEMOS QUE QUEDAR NA CASA

Dende a dirección do CEIP Canicouva queremos agradecervos ás familias, ao noso alumnado e ao profesorado o esforzo que estades a realizar para que o proceso de aprendizaxe continúe.

Non pretendemos ser unha carga diaria, senón máis ben queremos que os vosos fill@s continúen coa súa rutina. Procuramos que as actividades que vos propoñemos, cheguen aos vosos fogares utilizando diferentes ferramentas; Teléfono do centro de luns a venres de 10 h a 13 h , correo electrónico : ceip.canicouva@edu.xunta.es , BLOGUEs : 2ºEP , 5ºEP , Inglés (4º, 5º e 6º Primaria),Educación Física, Psicomotricidade, NOVAS ( con acceso a Educación Musical , Relixión, Ed. Infantil e 3º de Primaria), aplicación TOKAPP ( facilitada pola ANPA), aplicación Google Classroom.

Debemos facer unha mención especial á nosa ANPA Cachamuiña que está poñendo ao noso servizo a aplicación TOKAPP e todos os medios dos que dispón para que as tarefas cheguen a todo o alumnado.

Sabemos da vosa preocupación polo desenvolvemento do curso escolar, polo que queremos compartir con vós, algúns dos acordos acadados na xuntanza da Xunta Autonómica de directores do 25 de marzo de 2020.
  • Sigue en vigor o calendario escolar e en ningún momento se barallou “dar por finalizado o curso”. Semana Santa é período de vacacións do sábado 4 de abril ao luns 13 de abril . 
  • A 2º Avaliación dáse por pechada o venres 13 de marzo, data na que se declarou o estado de alarma. A maneira de comunicarvos as notas xa se reflexará no blog NOVAS( ao igual que  o resto de noticias que vos  teñamos que facer chegar) e ao que podedes acceder dende a páxina web do Centro. No blogue da ANPA  tamén podedes atopar información.
  • As probas de Avaliación de diagnóstico que se realizaban cada curso escolar no mes de maio  ao alumnado de 3º  e 6º de Educación Primaria, non se realizarán.

Seguiremos manténdovos informadas e calquera dúbida que teñades contactade con nós.

Un saúdo e moita forza para seguir adiante.



O Equipo Directivo



xoves, 26 de marzo de 2020

Recomendacións do Departamento de Orientación





O Departamento de Orientación do CEIP Canicouva redactou unha serie de recomendacións para as familias neste momentos tan excepcionais. 


luns, 23 de marzo de 2020

APRENDENDO NA CASA

Ola a tod@s.
Aquí vos deixamos o horario no que podedes traballar as diferentes MATERIAS,  nas canles Clan TV e La 2 TVE  durante este tempo que tedes que estar na casa.

 

Tamén podedes repasar inglés vendo o programa REAL MOM no canal Boing e no seguinte horario (13:25 ata 14:15)
Trata moitos temas: natureza, cociña, gramática, xogos, manualidades...


domingo, 22 de marzo de 2020

BLOGS DO COLE

OLA A TOD@S

Na marxe dereita deste blog tedes todos os outros blogs do centro, que podedes visitar .
Tamén vos quedan aquí debaixo por si vos é máis doado chegar a eles.

BLOGS DO COLE

venres, 13 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE SOBRE PROCESO DE ADMISIÓN

. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

xoves, 12 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

SEGÚN AS ÚLTIMAS NOTICIAS A XUNTA DE GALICIA AVISA QUE DENDE O LUNS 16 DE MARZO OS CENTROS ESCOLARES PERMANECERÁN PECHADOS.

MAÑÁN VENRES , OS PAIS PODEN DECIDIR SE MANDAN AOS SEUS FILLOS OU NON AÍNDA QUE É ACONSELLABLE QUE QUEDEN XA NA CASA.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020


  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.