venres, 27 de marzo de 2020

Comunicación ás familias


Estimadas familias:

O Equipo Directivo e todos os membros do Claustro do noso Centro sabemos que non é fácil adaptarse a esta situación de confinamento nas nosas vivendas que tivo que ser alongada no tempo.
Se queremos que esto pase, TEMOS QUE QUEDAR NA CASA

Dende a dirección do CEIP Canicouva queremos agradecervos ás familias, ao noso alumnado e ao profesorado o esforzo que estades a realizar para que o proceso de aprendizaxe continúe.

Non pretendemos ser unha carga diaria, senón máis ben queremos que os vosos fill@s continúen coa súa rutina. Procuramos que as actividades que vos propoñemos, cheguen aos vosos fogares utilizando diferentes ferramentas; Teléfono do centro de luns a venres de 10 h a 13 h , correo electrónico : ceip.canicouva@edu.xunta.es , BLOGUEs : 2ºEP , 5ºEP , Inglés (4º, 5º e 6º Primaria),Educación Física, Psicomotricidade, NOVAS ( con acceso a Educación Musical , Relixión, Ed. Infantil e 3º de Primaria), aplicación TOKAPP ( facilitada pola ANPA), aplicación Google Classroom.

Debemos facer unha mención especial á nosa ANPA Cachamuiña que está poñendo ao noso servizo a aplicación TOKAPP e todos os medios dos que dispón para que as tarefas cheguen a todo o alumnado.

Sabemos da vosa preocupación polo desenvolvemento do curso escolar, polo que queremos compartir con vós, algúns dos acordos acadados na xuntanza da Xunta Autonómica de directores do 25 de marzo de 2020.
  • Sigue en vigor o calendario escolar e en ningún momento se barallou “dar por finalizado o curso”. Semana Santa é período de vacacións do sábado 4 de abril ao luns 13 de abril . 
  • A 2º Avaliación dáse por pechada o venres 13 de marzo, data na que se declarou o estado de alarma. A maneira de comunicarvos as notas xa se reflexará no blog NOVAS( ao igual que  o resto de noticias que vos  teñamos que facer chegar) e ao que podedes acceder dende a páxina web do Centro. No blogue da ANPA  tamén podedes atopar información.
  • As probas de Avaliación de diagnóstico que se realizaban cada curso escolar no mes de maio  ao alumnado de 3º  e 6º de Educación Primaria, non se realizarán.

Seguiremos manténdovos informadas e calquera dúbida que teñades contactade con nós.

Un saúdo e moita forza para seguir adiante.



O Equipo Directivo



Ningún comentario:

Publicar un comentario